ORGANIZACIÓN DO BLOGUE
Na columna da dereita estarán organizadas as propostas de traballo concretas, que irei subindo á rede (ben de maneira teórica ou práctica). Aínda que, debido a que os bloques de contidos traballados do primeiro ao sexto nivel de EP son os mesmos, pero evidentemente tratados de forma diferente, non se discernirán por niveis. Posto que, o que se pretende é darlle un repaso ao visto nas clases polos nenos e nenas de terceiro a sexto e, ao mesmo tempo, que poidan ir familiarizándose con ditos contidos os/as de primeiro e segundo (no caso de estaren interesados/as, fundamentalmente no referente ao/s deporte/s, pois será onde eles/as teñan máis descoñecemento/s).
Nesta páxina, pola contra, aparecerán aspectos máis xenéricos.
Nesta páxina, pola contra, aparecerán aspectos máis xenéricos.
Como sabedes, no centro están levándose a cabo varios proxectos dentro do Plan Proxecta e o que fomenta e traballa máis polo miúdo aspectos relacionados coa área de EF é o "PDC (Proxecto Deportivo de Centro). Centros Activos e Saudables".
Polo tanto, en base ao exposto no parágrafo anterior e tamén pola situación que estamos a vivir vou por aquí unha serie de recomendacións para levar a cabo e que considero serán de utilidade:
- Débense lavar ben as mans (fregando entre os dedos, por arriba, por abaixo) con auga e xabrón durante uns 20 ou 30 seg., especialmente despois de ir ao váter e/ ou manipular obxectos que usara/n outras persoa/s.
-Lembrade que unha peza de froita é sempre moito máis saudable que os bolos industriais, así como tamén é moito máis san o pan artesán que o de molde industrial á hora de tomar un bocadillo.
- Procurade aproveitar estes días nos que hai menos presas para que os/as nenos/as, que aínda teñen dificultades para espirse e vestirse sós, practiquen.
- Tamén é bo momento para que aqueles/as, que aínda non saben atar os cordóns, aprendan ou perfeccionen dita tarefa.
- Sería recomendable aproveitar parte do tempo para xogar en familia empregando xogos populares de mesa tipo: parchís, oca, tres en raia, etc