Tarefa de autoavaliación de minibasquet, 3º a 6º de EP.

Como vos dixen tantas veces nas clases, coñecer as regras dun deporte é fundamental e básico para poder levalo á práctica. Pois, do contrario, cometeríanse erros importantes que conlevarían infraccións, denoninadas "faltas".

Entón, agora propóñovos que sexades vós mesmos/as (de 3º a 6º de EP) quen vos autoavaliedes realizando a tarefa de "Minibasquet", que vos aparecerá máis abaixo e comprobedes, se os contidos traballados no centro e que tamén tivestes á vosa disposición no blogue, dende o principio desta situación que nos tocou vivir, os acadastes ou non.

Lembrade ler cada pregunta con atención antes de responder.


Nome e apelidos…………………………………………………………… Data……………………

Nivel………. Grupo………… Tarefa de autoavaliación de minibasquet.


1. Define o termo “Minibasquet”.







2. Canto vale unha canastra dende calquera zona da pista nun partido de minibasquet?.



3. Canto vale unha canastra de “tiros libres”?.



4. Canto tempo pode permanecer na denominada “zona” un/ha xogador/a atacante como máximo?.



5. De cantas maneiras se pode cometer “dobres”?.



6. Que é o que pasa se tocas o balón de minibasquet cun pé durante o partido?.



7. Explica en que consiste o “campo atrás”.



8. Cantos pasos se poden dar co balón nas mans nun partido de minibasquet?.



9. Existen os “triples“ (canastra de 3 puntos) en minibasquet?.



10. Cantos/as xogadores/as acostuma ter un equipo de minibasquet xogando na pista?.



*Para comprobar se as respostas son correctas ou non, tan só teredes que ir á páxina de minibasquet deste blogue.

No caso de haber nenos/as que cometesen moitos erros, sería aconsellable que leran os contidos sobre este deporte colectivo ou de equipo na páxina do blogue, que leva colgada, dende o principio desta situación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Benvidos e benvidas

Aquí está o blogue de Educación Física do CEIP Plurilingüe de Outes. Esta vai ser a plataforma, que empregarei para enviarvos algunha propos...