Oca familiar de actividade física. Imos pescar.


     
Creei este xogo  denominado "Oca familiar de actividade física" coa idea de que os/as nenos/as, así coma os/as seus familiares que poidan acompañalos/as xogando con eles/as, practiquen algo de exercicio físico, á vez que rin un pouco xuntos/as. Agardo que vos guste e contribúa a levar mellor a situación que estamos vivindo.

Por suposto, ao tratarse dunha tarefa de EF traballa: a lateralidade, o salto con dous pés, o salto á pata-coxa, o desprazamento normal, a gatas e a catro-patas, as sentadiñas, etc

A continuación aparecen os enlaces desde os que poderedes imprimir o taboleiro e as actividades de cada unha das casiñas para poder xogar. Tamén hai un vídeo que vos recomendo ver, posto que nel aparecen a maioría das actividades a realizar co tronco, as pernas, etc, colocados de forma correcta para evitar erros de execución.

    ENLACE DO TABOLEIRO

    https://1.bp.blogspot.com/-Ch67nd-y8
ZI/Xo2yU7nWGGI/AAAAAAAAABg/99bbLg_Z2CEnFArpNi5yIITFtuWdwyRWgCNcBGAsYHQ/s320/20200406_172917.jpg

      ENLACE DAS ACTIVIDADES DE CADA CASIÑA

file:///C:/Users/SUSANA/Desktop/Oca%20familiar%20de%20actividad%20física/Actvidades%20de%20cada%20casilla%20oca%20familiar%20de%20actividad%20física.pdf







                          "IMOS PESCAR"                                           

No seguinte xogo, ao que lle bauticei como " Imos pescar", o número ideal de xogadores/as é de dous a catro, pois cun número maior faríase díficil levalo á práctica polo espazo. Como se explica no vídeo, só se precisa unha bañeira grande, un barreño ou o propio fregadoiro da cociña con bastante auga, un bo número de tapóns e/ou tapas de plástico de diversos produtos e un par de agullas de calcetar, brochetas, baquetas ou incluso lapises de cores.

Logo, cada xogador/a  empezará a pescar as tapas e/ou tapóns co seu par de agullas. Pero, sempre dun en un e sen entorpecer a/s acción/s do resto de xogadores/as. Se no transcurso do xogo caese algunha tapa e/ou tapón ao chan, habería que metela na bañeira de novo e proseguir co xogo.

A continuación, lembraremos as catro regras fundamentais deste xogo das que falamos no parágrafo anterior:

  1. Pescarase só coa axuda dun par de agullas de calcetar.
  2. Collerase un único obxecto de cada vez.
  3. Non se entorpecerá a/s acción/s do resto de xogadores/as.
  4. De caer ao chan unha tapa e/ou tapón, haberá que recollelo/a e metelo/a de novo na bañeira.

Para rematar, unha vez que na bañeira só quede a auga, cada xogador/a contará o número de obxectos que pescou e, quen máis lograse, proclamarase o campión ou campioa.

Evidentemente, ao tratarse dunha tarefa proposta dende EF, traballará aspectos relacionados con dita área como son a percepción espazo-temporal e a coordinación óculo- manual, primordialmente. Aínda que , se participasen nenos/as pequenos, podería aproveitarse o xogo para reforzar tamaños e cores tamén.






Gustaríame que tiveses a ben realizalo e, máis aínda, que pasases un intre divertido xogando en familia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Benvidos e benvidas

Aquí está o blogue de Educación Física do CEIP Plurilingüe de Outes. Esta vai ser a plataforma, que empregarei para enviarvos algunha propos...