Muiñeira para o regreso ás aulas.


Como ben é sabido, o baile tradicional de Galicia é a MUIÑEIRA.

Dende E Infantil, aproveitando a situación que estamos vivindo, propuxeron aprender a bailar unha para levala á práctica todos/as xuntos/as cando regresemos ás aulas.

Dado que, na área de EF, se abordan aspectos tales coma: a percepción espacial, a percepción temporal, a percepción espazo-temporal, o ritmo, a percusión, a coordinación dinámica xeral, etc e todo isto se traballa tamén na muiñeira, decidín sumarme á iniciativa proposta dende E Infantil.  Polo tanto, esta muiñeira pasará a ser unha das tarefas que levaredes a cabo nesta área.


Para poder ir practicando e aprendendo os pasos da muiñeira, deberedes premer abaixo, onde pon "Reto muiñeira" en grande. Ao premer, iredes ao blogue de EI e alí hai xa algún vídeo con pasos. Deberedes estar atentos/as, porque irán engadindo novos vídeos con máis pasos  


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Benvidos e benvidas

Aquí está o blogue de Educación Física do CEIP Plurilingüe de Outes. Esta vai ser a plataforma, que empregarei para enviarvos algunha propos...