Atrapapelotas. Raquetas de cartón de usos múltiples. Tragatapóns.


Neste apartado irei subindo varios vídeos nos que aparecerán os materiais e os pasos a seguir para elaborar diferentes xoguetes/xogos, cos que logo vos poidades divertir á vez que vaiades mellorando diversos aspectos vencellados coa Educación Física. 

O primeiro que aparecerá será o "Atrapapelotas"Para levalo á práctica, precisaranse un mínimo de dúas persoas. Posto que, unha lanzará a pelota coa man e a outra recolleráa  co atrapapelotas. Aínda que, no caso de contaren con cadanseu atrapapelotas, un/ha dos/as xogadores/as podería lanzar a pelota co seu atrapapelotas e o/a outro/a recibiríaa para logo cambiaren de papel.

O xogo consistirá en lograr cantos máis lanzamentos e recepcións, sen que a pelota caia ao chan.

O aspecto traballado máis relacionado coa EF ao empregalo é a coordinación óculo-manual. Pero, por suposto, trabállanse ademais outros aspectos como son a lateralidade, a percepción espacial, a temporal, a espazo-temporal, a coordinación dinámica xeral, etc

https://www.youtube.com/watch?v=x5CdvApGpYo&t=12s


"Raquetas de cartón e paus de xeado para usos múltiples". Neste caso, o número ideal de xogadores/as será de dous e o xogo realizaríase cunha persoa en fronte da outra. Aínda que, evidentemente, no caso de ter máis de dúas raquetas poderíanse realizar variantes e xogar por parellas (dous/dúas frente a outros/as dous/dúas), dous/has contra un/ha, etc.

Poderase xogar  ao ping pong ou tenis de mesa,, dispoñendo dunha mesa na que se marcará a mitade (simulando a rede) cunha tiza, cinta, etc, (que despois saia ben). e tamén se precisaría un globo sen inflar demasiado para evitar que voase e non tocase a mesa.

Outra opción sería unha variante de bádminton. Poderiamos xogar no corredor da vivenda e por un cordel, fío de lá, etc simulando a redeDe escoller esta opción, o globo podería estar máis inflado ca na opción anterior e logo tentariamos conseguir o maior número de toques posible (colaborando e cooperando ambos/as xogadores/as) ou levar a cabo unha especie de partido respectando as regras, dentro do posible.

O aspecto traballado, máis vencellado coa EF, é a coordinación óculo-manual, aínda que tamén se abordarán outros coma a coordinación dinámica xeral, a percepción temporal, a espacial, a espazo-temporal, a lateralidade...

IMPORTANTE. Lembrade coller a raqueta/pa como se collen as de tenis de mesa/ping pong. É dicir, o dedo polgar pola parte de adiante e os catro restantes por detrás. O polgar e o índice farán unha especie de "V" coa parte de abaixo da cabeza da raqueta e o mango.



"Tragatapóns". Este é un xogo para levar á práctica de maneira individual, Aínda que, por suposto, se hai varios/as nenos/as e/ou adultos/as que queiran xogar, poderán ir turnándose e ver quen logra introducir o tapón máis veces nun tempo determinado, sen cometer erros, etc

Ao  xogar con esta brincadeira, melloraranse aspectos propios da área de EF como son a lateralidade, a coordinación óculo-manual, a percepción temporal e a espazo-temporal fundamentalmente.

https://www.youtube.com/watch?v=O-BVwDVmXq0


Agardo que gocedes, tanto durante o proceso de elaboración coma ao levar á práctica cada un dos xogos propostos anteriormente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Benvidos e benvidas

Aquí está o blogue de Educación Física do CEIP Plurilingüe de Outes. Esta vai ser a plataforma, que empregarei para enviarvos algunha propos...