Segundo as súas características podemos falar de dous grandes tipos de deportes:
- Individuais. Aqueles nos que a persoa participa soa, sen colaborar con compañeiros, nen opoñerse directamente aos /ás rivais. Polo tanto, poden participar máis persoas ao mesmo tempo, aínda que cadaquén rexistrará o seu propio resultado e, practicamente, non se pode influír na acción do/s restante/s. Neste caso o obxectivo principal é superarse aun mesmo.
- Atletismo: lanzamento de peso, velocidade, salto de altura e lonxitude, etc son exemplos.
- Ximnasia deportiva: barras paralelas, trampolín, plinto, etc
- Ximnasia rítmica: cintas, pelotas, etc
- Natación:de costas, braza, etc
- Bádminton.
- Etc.
2. Colectivos. Aqueles nos que participan varias persoas, que forman un equipo e se opoñen directamente ao/s equipo/s contrario/s. Neste caso compañeiros/as e rivais participan ao
mesmo tempo e no mesmo espazo de xogo, de xeito que uns/has poden influír na acción
dos/as outros/as. Por suposto, o resultado acadado é do equipo (non individual). Neste caso
o obxectivo é marcar goles, encestar canastras e procurar que os/as rivais non poidan facelo.
- Minibasquet.
- Baloncesto.
- Minibalonmán.
- Balonmán.
- Fútbol-sala.
- Fútbol-sete.
- Fútbol.
- Rugby.
- Etc.
En todos os deportes colectivos (ou de equipo) diferéncianse dúas fases de xogo:
- Fase de ataque. Cando o equipo está en posesión do balón e uns/has xogadores/as colaboran cos/as compañeiros/as do equipo respectando o regulamento á vez que se trata de manter a posesión do balón e achegarse ao obxectivo (marcar goles ou encestar).
- Fase de defensa. Cando o equipo non está en posesión do balón e os/as compañeiros/as do equipo colaboran entre eles/as, respectando o regulamento, á vez que se trata de recuperar a posesión do balón e de evitar que o equipo contrario logre o seu obxectivo (marcar ou encestar).
No hay comentarios:
Publicar un comentario