Nocións básicas e enlaces a vídeos sobre o bádminton.


Como todos/as os/as nenos e nenas de EP sabedes, dende primeiro, empezamos a empregar as raquetas e os volantes de bádminton para traballar os saques, os golpeos... e xa cara finais de terceiro ou principios de cuarto (dependendo do nivel de cada aula) empezamos cos partidos. Polo tanto, para procurar reforzar os contidos traballados nas clases vou porvos uns enlaces a varios vídeos, que considero interesantes e doados de seguir...   

Por suposto, anímovos a todos/as os/as que contedes cun soto, baixo, garaxe... e, claro está, cunha raqueta e un volante a practicar nestes longos días de peche. Pois, cun volante  poucos danos podemos ocasionar na vivenda e ao rematar sentirémonos mellor.







NOCIÓNS E REGRAS BÁSICAS DO BÁDMINTON:
  • Ao tratarse, normalmente, dun deporte individual (aínda que tamén se pode practicar por parellas) son dous/dúas os/as xogadores/as necesarios/as para poder levar a cabo un partido.
  • Para saber quen empeza o partido, o/a árbitro/a colocará o volante enriba da rede e deixarao caer. Logo, empezará a xogar a persoa colocada na parte da pista para onde quedase mirando a cabeza do volante.
  • Para iniciar o partido, o/a xogador/a en posesión do volante debe realizar o saque dende a parte dereita da súa pista e en diagonal (cara á dereita do/a rival). logo xa se pode enviar o volante a onde se queira, tratando de lograr que o rival cometa erros.
  • Nos puntos pares (0, 2, 4, 6, 8, etc) o/a xogador/a sacará dende a dereita da súa pista e nos impares (1,3,5,7, etc) sacará da esquerda.
  • Ningún/ha dos/as xogadores/as poderá golpear a rede
  • O volante deberá pasar sempre por riba da rede, aínda que a roce.
  • Considerarase fóra cando o volante saia das liñas laterais (a primeira en individuais e a segunda en dobres) ou das de fondo (a segunda en ambos casos).
  • Cada partido debe rematar cunha diferenza mínima de 2 puntos (nós soemos parar aos 15, sempre e cando o/a que perde teña como máximo trece para que o resto de xogadores/as non agarde tanto). Nos partidos oficiais, gaña o/a mellor de 3 sets ou xogos a 21 puntos (se houbese que seguir xogando chegaríase como máximo aos 30 puntos e gañaría quen primeiro os lograse) a non ser que ambos xogadores/as acaden os 29 puntos cun empate, pois entón quen primeiro acadase o punto 30 gañaría .

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Benvidos e benvidas

Aquí está o blogue de Educación Física do CEIP Plurilingüe de Outes. Esta vai ser a plataforma, que empregarei para enviarvos algunha propos...