Esta é unha proposta de tarefa coa que poderedes comprobar os vosos coñecementos sobre o bádminton, o que vén sendo unha autoavaliación.
No caso de non ter clara algunha resposta, recoméndovos que volvades botarlle unha ollada á páxina que xa puxera alá por marzo sobre os contidos e regras de bádminton.
Lé ben as preguntas antes de escribir a resposta.
Nivel e grupo....................... Autoavaliación de.......................................................................................
1. De que dúas maneiras acostuman xogarse os partidos de bádminton (cantos xogadores/as en cada lado da pista)?.
2. A cantos puntos e sets ou xogos se xoga habitualmente un partido?.
3. Nós soemos xogar a 15 puntos, por que?.
4. Como se decide quen empeza xogando un partido?.
5. De que lado deben estar colocados/as os/as xogadores/as na pista para empezar o partido?.
6. En que lado debe estar un xgador/a para realizar cando ten 3 puntos?.
7. E en cal tería que estar se tivese 7 puntos?.
8. Que nome reciben os dous obxectos sen os que non se pode xogar un partido de bádminton?.
9. É obrigtorio que o obxecto que se lanza pase sempre por enriba da rede?.
10. Que pasaría se ese obxecto do que falamos pasase por debaixo da rede?.
* Recoméndoche que revises as respostas antes de dar a tarefa por rematada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario