O Pampallín era unha festa tradicional galega, que antano se celebraba en Outes, cada 30 de abril con moita sona e éxito. Viña ser un rito de orixe celta para darlle a benvida á primavera, así coma para pedir boas colleitas e que se afastasen os males de persoas e animais. Dito rito, estaba moi relacionado co lume e, de feito, en moitos lugares do Concello, na tardiña do 30 de abril, os/as nenos/as e adolescentes facían grandes laradas coa leña que, con antelación, ían coller ao monte nos días previos. Aínda que, tamén queimaban diferentes obxectos vellos, que lles daban os/as veciños/as.
Por suposto, tamén estaba a parte relacionada cos pampillos, de onde provén o nome do Pampallín e que é a que dende o colexio tratamos de recuperar o curso pasado e coa que, afortunadamente, se puido seguir este ano dende os fogares. Esta parte consistía en ir recoller pampillos, como xa se explicou na proposta da tarefa e logo elaborar os aneis, as pulseiras, os colares e as coroas do que a continuación se dará evidencia.








GRAZAS a todos/as. Agardamos que vos gustase a reportaxe fotográfica !!! .


























Ola boas,a David e a nos gustounos moito. Gracias por esta idea e o voso traballo
ResponderEliminarUn saudo
Ola:
EliminarAlégrome moito que pensedes así. Perdoade por non respondervos antes, pero isto é novo tamén para min e nen vira o comentario. Grazas