En Outes contamos con marabillosas paraxes e moreas de camiños e pistas da parcelaria e/ou do monte por onde practicar exercicio físico sen correr o risco de ter que apartarnos dos coches, camións, etc.
Entón, grazas a que a situación de alerta sanitaria vai mudando favorablemente en España e en moitos puntos do país xa non é preciso realizar as saídas nunha franxa horaria determinada, nen tampouco temos a obriga de limitarnos á contorna máis próxima ao noso domicilio para realizar deporte, como é o noso caso (polo número de habitantes) . Por esta razón, e dado que xa houbo que realizar exercicio físico dentro dos fogares máis tempo do desexado, vou proporvos que, se algún/ha familiar adulto/a pode acompañarvos, vaiades modificando os hábitos do período de confinamento. Entón, para esta semana as propostas son as seguintes:
1º, 2º e 3º de EP realizar 500m (medio Km) correndo ao ritmo que cadaquén poida e outros 500m (medio Km) camiñando para recuperar forzas. Evidentemente, se penso nalgún/ha alumno/a en concreto estas distancias non lle van supoñer esforzo ningún e se a mente me vai para outros/as, sei que lles custará máis... De todos modos, ampliar sempre podedes e parar se estades moi cansos/as está claro que tamén. Aínda que estas distancias, ao voso ritmo, deberías lograr facelas todos/as sen dificultade...
4º de EP debería tratar de lograr os 700m sen parar... e logo 300m de recuperación camiñando. Neste nivel hai nenos e nenas que poden facer incluso os 1000m (1km) ou máis correndo ao seu ritmo sen dificultade. Por suposto, estades de pasar moito tempo realizando menos actividade física da recomendable para a saúde, así que hai que dosificar e non empezar ao bruto.
5º e 6º de EP debería empezar cos 1000m (1km), aínda que sei que hai quen pode facer 3 ou 4 km, perfectamente. É evidente que, se un/ha neno/a non se atopa ben, se nota máis canso/a do habitual, etc deberá para e punto..., outro día será.
LEMBRADE realizar ESTIRAMENTOS (dos que facemos no cole cando traballamos carreira continua) antes de empezar e ao rematar.
A ver cantos/as conseguides que un/ha adulto/a faga, polo menos, o mesmo percorrido ca vós...
Agora que xa levades varias semanas con estas distancias, a maioría debería poder incrementalas... Propóñovos que os/as máis noviños/as ou aqueles nenos/as de máis anos a quen aínda se lle fixera dura a súa distancia aumente en 100 m o percorrido a correr e, pola contra, quen fixese a súa distancia sen dificultade probe con 300m máis.
ÁNIMO... !!!.
E aínda que as vacacións están aí, non deixedes de lado o exercicio físico, vale ???
No hay comentarios:
Publicar un comentario