O minibasquet é un deporte colectivo no que o obxectivo final é introducir o balón na canastra do equipo contrario.
Cando un xogador/a logra encestar o valor da canastra pode ser de un ou dous puntos, segundo a situación do xogo e dende onde se realizase o lanzamento:
- Tiros libres (despois dunha falta persoal e o balón non está en xogo, dende a liña de tiros libres). O valor é de 1 punto.
- Tiro a canastra dende calquera outro punto da pista (cando o balón está en xogo e se lanza dende dentro da liña exterior que delimita a pista, pero non dende fóra dela, nen pisando a liña exterior). O valor é de 2 puntos.
Para xogar ao minibasquet empréganse: o bote, o pase e o tiro á canastra.
Cada un dos equipos debe procurar lograr máis puntos ca o equipo contrario no tempo que dura o partido, 40 min. (distribuídos en 4 tempos de 10 min. cada un e cun descanso de 2 min. entre o 1º e o 2º tempo e entre o 3º e o 4º tempos, mentras que do 2º ao 3º tempo o descanso dura 10 min.).
Cada equipo xogará normalmente con 5 xogadores/as na pista (aínda que por diversas razóns podería xogarse incluso con 3 xogadores/as). Pero, evidentemente, tamén pode haber reservas no banco para ir realizando cambios.
As regras máis importantes son que se indican de seguida:
- Zona. É un espazo restrinxido existente (dende a liña de tiros libres á parte de abaixo do taboleiro, no que non se pode permanecer máis alá dos 3 seg. seguidos atacando).
- Pasos. Infracción que se comete ao dar máis de 2 pasos co balón na man, cambiar o pé de pivote ou levantalo do chan antes de botar o balón.
- Dobres. Hai tres maneiras de cometer esta infracción. A 1ª e cando se volve botar o balón, tras collelo coas dúas mans despois de deixar de botalo. A 2ª é ao botar o balón por riba da cintura ou metendo a man por debaixo del. A 3ª é ao botar o balón coas dúas mans á vez.
- Campo atrás. Cando o balón cruzou a liña de medio campo non pode regresar ao campo de defensa do que partira (nen botándoo, nen tampouco pasándollo a un/ha compañeiro/a situado aínda no seu campo).
- Persoal. Cando se toca a un xogador contrario teña ou non o balón. Se un/ha xogador/a cometese 5 faltas expulsaríase do partido.
- Non se pode interceptar o balón cun pé, unha perna, nen un puño.
- Non se poden pisar as liñas de fondo, nen as de banda mentras se está en posesión do balón.
No caso de non respectar algunha das regras expostas con antelación, sacaría o equipo contrario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario